Ola.
En Mun gústanos moito cando o deseño e o resultado final correspóndense. Significa que acertamos no control e seguimento da obra.
Por suposto xs propietarixs son xs que teñen a última palabra así que tamén son cómplices dun resultado do que todxs podamos sentirnos orgullosxs.
Non sempre é sinxelo. Moitas veces os imprevistos e a economía obrigan a facer cambios. Outras veces, voluntariamente, indecisións ou desacertadas decisións fan que un proxecto se desvirtúe no proceso de construción.
“Casa Paumasa” axústase moi ben ao que entre todxs imaxinaramos.
….Esta é a imaxe da infografía que fixemos para Elxs….

…e así é como está a quedar….

Que vos parece?.
Mais fotos de “Casa Paumasa” nesta ligazón da nosa web
https://www.mun-arquitectura.com/proyectos/casa-paumasa/
.
En “Casa Paumasa” traballan…
.
Arquitecta Técnica: Begoña Álvarez González
Contratista: GBT Ejecución Estructural
Instalacions: Electricidad Varela, Instalaciones Mosende
Carpintería de aluminio e fachada: Almiño . http://www.aluminiostui.com
Carpintería de madeira: Radisma . www.radisma.es